terça-feira, junho 23, 2015

NA GALIZA - NOVO GOVERNO PROMETE FIM DO APOIO FINANCEIRO À TOURADA




Adeus Touradas”. Este é o lema que preside un enorme valado de 24 metros cadrados situado na Avenida de Vedra, á entrada da Coruña, e que tenta simbolizar o fin fas touradas na cidade tras a chegada dun novo goberno.
Esta iniciativa da Asociación Animalista Libera, a Fondation Franz Weber e a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas é o primeiro soporte "abolicionista" colocado nunha cidade. Non é o primeiro xesto realizado por animalistas e abolicionistas. Este pasado mércores anunciaron o peche simbólico da petición, que chegou ás 181.000 sinaturas,  e que, segundo estas entidades, “tantos quebradeiros de cabeza lle deu ao anterior goberno municipal do Partido Popular”. 
O Goberno coruñés destinou na lexislatura 2011-2015 un total de 700.000€ en cuestións relacionadas coas touradas, incluíndo dúas sentenzas condenatorias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que se remontaban a sucesos de 2008. Os colectivos reprochan ao PP o estrano interese por subsidiar unha actividade de maltrato animal que xera un rexeitamento da maioría cidadá. 
“Neste senso, fronte ao pasado o novo goberno da Marea Atlántica inclúe entre as súas medidas de emerxencia a supresión nos 100 primeiros días da Lexislatura de calqueira tipo de soporte ás touradas, toda vez que a súa eliminación suporá un importante aforro para as arcas municipais”, indican nun comunicado. 
Animalistas e abolicionistas lembran que co gasto dunha feira taurina, de aproximadamente 100.000€ para dous días, se poderían facilitar 100 bolsas-comedor durante todo un ano, que cubrirían case o 25% das prazas totais das Escolas Infantís Municipais (EIM), ao redor de 403 segundo datos do propio consistorio. 
Finalmente as organizacións impulsoras desta campaña de despedida subliñan as enquisas elaboradas na cidade, que amosan como o 75,5% das persoas aproba a supresión de calqueira axuda ou soporte municipal para permitir touradas na Coruña.*
*
Fontes: 
 - http://www.galiciaconfidencial.com/nova/24602-animalistas-instalan-coruna-primeiro-valado-publicitario-antitaurino-galicia
 - http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/06/20/antitaurinos-colocan-valla-publicitaria-despide/968554.html