sexta-feira, agosto 01, 2008

A SACRALIDADE DO DIA - CERES, SPES, VICTORIA, MARTE E LUG

Uma suástica representando a Divindade de Deméter/Ceres, Deusa à Qual está ligado o ciclo da vida


Tanto Romanos como Celtas, os dois principais elementos da ancestralidade da Estirpe desta faixa ocidental ibérica, celebravam neste dia festividades ligadas à fertilidade do trigo.

Em Roma, começava hoje o mês consagrado a Ceres, Deusa dos Cereais e do Crescimento, Cujo nome pode estar ligado à raiz indo-europeia *Kerri, com o significado de «Crescimento».
Os Romanos também realizavam no primeiro de Agosto cerimónias em honra de Spes (Esperança), de Victoria, de Mars Ultor (Marte Vingador) e dos Lares Compitales ou espíritos protectores das encruzilhadas...

Lug


Na arcaica tradição dos egrégios Celtas, esses antigos arianos (irmãos dos Latinos) que contribuíram, primordialmente, para a nossa ancestralidade, o dia de hoje é marcado pela celebração da Lugnasad, festividade a um tempo real(monárquica) e agrícola, realizada em honra de Lug, Deus mestre de todas as artes, Senhor da Luz e rei dos Deuses, protector da Sua gente contra um povo inimigo.
A este respeito, o facto de nas Suas veias correr um pouco do sangue da raça contra a qual combate, não o impede de reconhecer que a Sua essência pertence a uma só estirpe. E, após o término da batalha final, expulsa os sobreviventes da populaça inimiga para fora do solo que pertence doravante a uma só grei.

Vale a pena dizer que, segundo alguns (talvez um pouco fantasistas), o nome Lusitânia deriva do nome desta Divindade...

Lug instituiu a festa da Lugnasad (palavra traduzida por alguns como «Assembleia de Lug», por outros como «Funeral de Lug») em honra da Sua mãe, Tailtiu (filha dum rei hispânico), que morrera de exaustão após ter levado a cabo a monumental tarefa de preparar os campos da Irlanda para o trabalho agrícola.


Tailtiu


É aqui pertinente notar que o nome céltico Tailtiu pode provir da mesma raiz etimológica que o teónimo latino Tellus, o que se afigura como podendo ser mais do que uma simples coincidência, visto que Tellus é a Deusa romana da terra, pelo que a fertilidade agrícola Lhe está intrinsecamente ligada.

Santuário internético de Lug.
Mais informação sobre o Deus, pode ser encontrada aqui e aqui. Realço sobretudo o texto sobre o Seu culto na Ibéria céltica, que pode ser lido neste sítio (em Castelhano).


Adenda: encontra-se aqui muita informação útil sobre a Lughnasadh, além da descrição da actual celebração desta festa por parte de alguns gentios galegos:

Hai unha época do ano na que as abellas zumban preguiceiras entre as flores cargadas do forte arrecendo da súa madurez, o sol quenta a terra e os días semellan non teren fin, ainda que a Roda do Tempo vaia dirixíndo-nos paseniño cara á fin do ano. As noites son quentes e as rás e os grilos acompañan-se mutuamente coas súas canzóns. O aire case non se deixa mover polo vento, cálido, pausado e sobre todo, cheo de luz. É o tempo no que os deuses da colleita deben ser honrados. É o tempo do deus do sol, do deus da luz, Lugh.

O início do mes de agosto é o dunha grande festividade céltica: a Lughnasa, Lugnasad ou festa de Lugh, fillo da deusa Don, mítico fundador de cidades coma Londres (Lugdunum), Lyon ou Lugo, e que máis tarde algúns consideran que se encarnou no persoaxe medieval de Lancelot. É pois agosto, o mes adicado polos celtas ao deus Lugh, a terceira celebración anual celta, a chamada Lugnasad, na honra a un dos deuses máis importantes. Era a grande festa da recolleita dos froitos, a madurez da colleita e o esplendor da luz e o calor.

Lugnasad, na antiga língua celta, sinificaba "asemblea de Lugh" e celebraba a unión de Lugh coa nai Terra. Conta a lenda que a fiesta foi creada por Lugh na honra á súa nai adoptiva Taltiu, e durante a festa celebrában-se vodas, concursos de artesáns, xogos e brincadeiras. Ainda hoxendía temos entre nós o costume de celebrar as vodas no verán, se cadra na conmemoración das vodas do grande deus Lugh en Irlanda, que ainda se festexa en moitas aldeas e vilas dese país.

A Lugnasad é realmente a festa do comezo da marcha do sol nas profundidades do inverno. Este é o tempo no que a eséncia do inverno comeza a aparecer, co recurte da duración dos días, e as colleita ainda non está asegurada. Disque o deus destas colleitas, coñecido coma o Home Verde, sacrifíca-se todos os anos para que o círculo da humanidade poda continuar. En termos máis actuais, este é o tempo no que agroman os primeiros froitos da colleita. Esta festa sitúa-se entre o solstício de verán e o equinóccio de outono, e constituía asemade una forma de entrar, con bós augúrios, na estación invernal.

Os lugares onde se adoitaba celebrar esta festa eran sempre preto dalgún pozo, un carballo grande, un teixo ou nun outeiro. No decurso da celebración curtába-se o primeiro gran da colleita e deixaba-se secar nalgunha rocha, para ofrece-lo a Lugh. Máis tarde, pasou-se a facer un bólo de pan con este primeiro gran, que era compartido por todos os presentes, nunha festa semellante á actual dos cristiáns. Dicía-se que o home que non participase nesta festa ficaría calvo, feble e canoso e nunca habería ter hospitalidade ou verdade na súa vida.

O mito de Lugh
Lugh era o deus supremo, ao que os romanos identificaron con Mercúrio por ser mestre supremo das artes e das ciéncias. Esta deidade presenta non embergantes máis ca curiosas semellanzas co Odín ou Wotan xermánico: ambos son os líderes dos seus respectivos panteóns, ambos son os xefes militares dos respectivos exércitos divinos, os dous teñen un destacado papel nas grandes batallas que suceden nos seus mundos mitolóxicos (a batalla de Mag Tured da mitoloxía irlandesa e o combate dos Ases e os Vans escandinavos), Lugh pecha un ollo para realizar os seus enmeigamentos e Odín é torto, ambos son patróns da poesía e os dous estan relacionados cos corvos (os atributos animais de Lugh eran o corvo e mais o lince).
O deus Lugh era adorado no mundo celta coma o deus do sol. Esta conexión co astro rei pode explicar o seu nome, que sinifica "o brillante", e tamén cos atributos cos que é representado: era guapo, perpétuamente xove, e posuía unha tremenda enerxía e vitalidade. Esta enerxía manifésta-se especialmente na cantidade de habilidades que tiña, e segundo as lendas, nas que era mestre. De feito, hai relatos que narran as habeléncias de Lugh nas artes e na artesanía.
Segundo se di na Batalla de Magh Tuiredh, o deus Lugh viaxou a Tara, e chegou durante unha grande festa á Corte Real. Lugh foi recebido á porta polo gardián, e de contado lle preguntaron que habilidades posuía, xa que segundo a tradición só os que posuiran unha habilidade especial poderían entrar no palácio. O deus contestou: "son albanel". En resposta, o gardián lle dixo: "Xa temos un albanel, non precisamos aquí dos teus servizos". Pero Lugh continuou: "son ferreiro". De novo, o garda lle dixo que xa tiñan un ferreiro na corte; e así Lugh continuou dicindo que era guerreiro, harpista, heroe, poeta, historiador, bruxo e artesán. Pero o garda foi-lle dicindo que xa tiñan un especialista en cada unha destas tarefas na corte dos Tuatha de Danaan. "Ah, pero tedes algún que teña todas estas habilidades á vez?", respostou Lugh. O garda tivo que admitir que non, e así Lugh foi autorizado a entrar e participar das celebracións.
Segundo a mitoloxía celta, Lugh era o fillo de Cian e Ethlinn. Despóis de que o deus Nuada morrera na segunda batalla de Magh Tuiredh, Lugh converteu-se no líder dos Tuatha De Danaan (o termo que agrupa aos deuses e deusas descendentes da antiga deusa Danu).


Tailtiu era unha nobre Rígh-bhean (Raíña) dos Fir Bolg, a raza de xente que habitaba Irlanda antes da chegada dos Tuatha De Dannan. Tailtiu foi a nai adoptiva de Lugh: a súa adopción fai comezar a súa íntima experiéncia coas enerxías da Terra, preparándo-lle coma un futuro campión da tribo para unha colleita fructuosa.
Tailtiu brilla coma unha deusa coa máis suprema das virtudes, o autosacrifício, dando a súa vida dun xeito extraordinário. Un ano os Fir Bolg tiveran unha mala colleita e moitos estaban a morrer de fame. Tailtiu colleu un machado e comezou a limpar o bosque coas dúas man durante un ano. Poucos sabían entre os Fir Bolg que isto remataría por matala, pero cara á fin da súa laboura disque ela pediu que cada primeiro de agosto todos celebraran a súa morte.
Grande foi a pena e grande o cansanzo de Tailtiu, enferma polo duro traballo; os homes da illa de Erin que eran os seus vasallos recebiron o seu derradeiro mandado. Ela díxo-lles xa moi cansa pero ainda con voz que deberían establecer xogos funerais para honrala, e foi Lugh quen estableceu os primeiros "Óenach Tailtenn" ou xogos de Tailtiu para relembrar e honrar á súa nai adoptiva. As festas de Tailtiu eran un tempo de paz, mantida primeiros polos Fir Bolg, logo polos Tuatha De Dannan, e finalmente polos Fillos de Míl até o comezo do Adzehead: unha festa con ouro, con prata, con xogos, con música de carros, con adornos para o corpo e a alma, con coñecemento e elocuéncia. Unha festa na que non se permitiría ferir nin roubar, sen problemas nin rifas, sen violacións, sen desafíos á propiedade, sen preitos nin sesións dos tribunais, sen fugas nin arrestos.
Tailtiu é unha relembranza de canto nos dá a terra, e o Óenach Tailtenn é un tempo para relembrar o sacrifício que fixo pola fertilidade da terra, e canto obtivo ela en troques dese regalo.

Nos nosos días, o 1 de agosto é a Asemblea de Lugh e ten un carácter patriótico como festa garantizadora da paz; nela participa todo o povo honrando o aspecto real de Lugh. Esta festividade celébra-se para agradecer o sustento que a nosa Nai Terra nos proporciona. Marca as primeiras colleitas do ano que xenerosamente se entregan en sacrifício para que o home alimente o seu corpo.

Pero o vocábulo "lugnasad" tamén foi traducido como "matrimónio de Lugh" e, neste caso, Tailtu, como "terra" ou "chan", convertiría-se en esposa do deus. Así, durante este momento do ano era habitual establecer entre as famílias as futuras unións dos fillos, a data da celebración das núpcias cuxo pacto duraba un ano e un día e podían renovar-se cada ano nesta data.

O peculiar de Lugh é que na loita contra os seus inimigos a victória fai-se posíbel polo coñecemento e o domínio da máxia fronte á forza bruta. Por este motivo, neste día conságran-se os novos druidas e druidesas, que após dun duro periodo de iniciación, reciben en toda a súa plenitude os dons de Lugh.

Irlanda
En Irlanda, onde o mesmo nome que ten en gaélico o mes de agosto (lúnasa) relembra esta festa, celébra-se o derradeiro domingo de xullo coa peregrinación ao monte Croagh Patrick (a montaña sagrada de Irlanda). Disque naquel monte San Patrício loitou corenta días e corenta noites contra dragóns, serpes e forzas demoníacas, botándoas a todas.
O Lugnasad celébra-se de todos os xeitos tamén o día 1 de agosto, ainda que o mesmo que en Galiza, de xeito cristianizado e sen que moita xente saiba que realmente está nunha festa de orixe pagana. De feito, tan pagana, que para moitos é unha festa con moitas reminiscéncias gais. Non moita xente sabe que segundo as lendas, Cían, o pai de Lugh tivo que se disfrazar de muller para poder acceder a Eithliu, a súa nai. Na história Oidheadh Chloinne Tuirenn, Cían é perseguida polos fillos de Tuirenn, e para despistalos ten que se transformar nunha porca. En Math vab Mathonwy, os irmáns Gwydion (tío e pai de Lugh) e Gilvaethwy son castigados por unha violación a se convertiren en parellas alternadas de machos e fémias que copulan e producen filliños de cervo e cerva, xabarín e porca, e lobo e loba, e a Gwydion tócalle ser muller.
Cando a nai de Lugh, Aranrhod (irmá de Gwydion) dá a luz a Dylan e a "outra cousa" (un Lugh ainda en estado embrionário), Gwydion toma este último e sitúano nun cofre preto da súa cama até que medra e se convirte no neno Lugh. Gwydion será a figura paterna para Lugh, pero sen revelar nunca se é de verdade o seu proxenitor ou non (de feito, a história non é clara a este respecto); e coma un benévolo tío gai, as frases de Gwydion son decote suxerentes (cando vai combater con Pryderi, dí "Poréi o meu corpo contra o seu"), e as súas discusións con Aranrhod son amargas e maliciosas: "Sempre souben que eras unha mala pécora!".

Escócia
En Escócia a Lugnasad ten o nome de Lammas e coma case todas as festas celtas, a data concreta da súa delebración é un pouco cótica. Temos atopado referéncias sempre ao redor do 1 de agosto, pero moitos queren celebrala o día 15, para coincidir coa festa da Virxe María dos cristianos, e outros déixano máis axeitadamente o día 29 de xullo, data na que San Pedro fuxiu miragrosamente da cárcere. En calquera caso, esta data é a terceira das "Catro Cuartos" do ano, datas tradicionais nas que adoitaban acontecer moitas cousas festivas e mesmo máxicas, pero que nos nosos tempos son só datas legais onde deben pagarse as rendas e as débedas procedentes de contratos.
Nestas terras tamén é tradicional a benzón dos primeiros froitos da colleita, e fornear un pan que debe ser entregado ao cura da localidade. Hoxe só fican as feiras en St. Andrews e Kirkcaldy.


A perda das orixes: a cristianización
Segundo algunhas tradicións, o Lugnasad sería celebrado durante un mes enteiro, dende o 15 de xullo até o 15 de agosto. Daquela, a Igrexa cristianizou esta celebración adicando o seu remate, o día 15, á Virxe, mentres que o comezo é celebrado coma o día de Santiago Apóstolo.
Enumerar as localidades onde se celebra este día e os arredores sinificaría dar os nomes de todas e cada unha das vilas de Galiza, porque as datas que van dende o 25 de xullo até o 15 de agosto son de festa rachada en toda a nosa terra. E ademáis, ao 15 de agosto axúnta-se a festividade de san Roque ao día seguinte. Para algúns autores, Roque é ún dos santos máis equívocos e misterioros. A súa iconografía (peregrino con can que sinala o seu xeonllo) fai del un buscador do coñecemento, guiado polo can (animal que na linguaxe iniciática representa a guía). O xeonllo esquerdo espido indicaría tamén un sinal iniciático no esoterismo.
En calquera caso, xa antes dos tempos cristianos, a festa foi-se convertendo non só nunha celebración relixiosa, senón tamén comercial e de tempo de lecer. Os festivais foron romanizados e adicados a outros deuses, e posibelmente acontecían moitas promiscuidades sexuais aproveitando o do casamento entre Lugh e a terra, así coma sacrifizos de animais e pode que (segundo as malas línguas, coma Estrabón) de persoas, todo o cal serviría para limpar a terra e evitar asemade a escasez.
O historiador romano fala de sacrifizos ofrecidos á deusa Demeter nunha illa preto de Británia, e tamén describe o ritual das mulleres namnitas nunha illa do río Loira. Seica estas mulleres observaban un culto con rituais orxiásticos na illa, onde non se permitía a entrada aos homes, agás unha vez ao ano. Plínio tamén fai unha referenza a ritos nas illas británicas nos que tomaban parte mulleres e nenas espidas e co corpo manchado de herba. O certo é que estes rituais estaban vedados aos homes porque eran as mulleres as que adoitaban cultivar os campos. Todos estes cultos teñen unha orixe moi antiga, sen dúbida precelta.
Posteriormente, San Gregório de Tours fala da imaxe da deusa Berecynthia sacada en procesión polas rúas e campos nos días da Lugnasad e tamén cando había escasez nos campos. A xente bailaba e cantaba perante dela, e a imaxe estaba cuberta cun velo branco. A igrexa cristiana limitou-se a incorporar estas festas ao seu calendário, e co paso do tempo a xente chegou pensar que eran festas inventadas polos cregos e non polos seus própios devanceiros. O sistema de alterar a história é moi satisfactório, e coma xa miramos en anteriores artigos en NOVA, o único fracaso verdadeiro da igrexa á hora de cristianizar as festas celtas foi o Samaín (seica tiveron moito máis éxito os americanos, porque ainda hoxe é difícil convencer á xente de que esta festa é de orixe celta e non unha importación).


A Lugnasad hoxendía en Galiza
O mesmo ca outras festas celtas, o Lugnasad tivo recentemente unha revivificación polas nosas terras. Así, xa resulta habitual atopar sítios onde é celebrada específicamente e baixo esta denominación. No ano 1996 comezou-se a celebrar en Bretoña, unha pequena aldea lucense no concello da Pastoriza, a Festa Celta do Lugnasad, onde os xoves que forman a asociación cultural Auruxeira, rexurdindo os costumes dos seus devanceiros celtas, elóxian ao deus Lugh nunha enmeigada fraga.
Na entrada da noite venéran-se as divinidades locais da fraga co són das gaitas a cargo de vários grupos de bardos. Báila-se e sóltan-se aterradores aturuxos ao redor dunha grande queimada degustando suculentos manxares e o xenuino licor Mailoc. Esta festa celébra-se a primeiros do mes de agosto, pero para saber a data exacta hai que contactar coa asociación.
Obviamente, a festa que representa o Lugnasad na nosa terra, o mesmo que acontece en Irlanda coa pelegrinaxe ao monte Croagh Patrick, é o día de Santiago, día da Pátria Galega e festa maior da nosa nación. A festa está xa moi desnaturalizada con respeito ao orixinal Lugnasad, e o recordo do antigo deus dos nosos devanceiros fica esquecido na memória, pero ainda perduran os seus principais atributos: a festa, a luz, o calor e a beleza. Agocho tras de novos costumes importados fica aínda a imaxe do primeiro deus que foi adorado na nosa terra, cando os castros eran novos e a luz do sol, do deus do sol, se filtraba entre as pólas dos carballos. Santiago ou Lugh, tanto ten, este é e sempre será o día grande de Galiza.

8 Comments:

Anonymous Anónimo said...

British Muslims 'fighting with Taliban in Afghanistan'
British Muslims are helping the Taliban in their war against UK soldiers in southern Afghanistan, according to the former commander of Britain's forces in Afghanistan."

http://www.telegraph.co.uk/news/worldnews/asia/afghanistan/2485750/British-Muslims-fighting-with-Taliban-in-Afghanistan.html

2 de agosto de 2008 às 12:32:00 WEST  
Anonymous Anónimo said...

"British Muslims 'fighting with Taliban in Afghanistan'
British Muslims are helping the Taliban in their war against UK soldiers in southern Afghanistan, according to the former commander of Britain's forces in Afghanistan."


http://www.telegraph.co.uk/news/worldnews/asia/afghanistan/2485750/British-Muslims-fighting-with-Taliban-in-Afghanistan.html

2 de agosto de 2008 às 12:33:00 WEST  
Blogger Caturo said...

É mais uma confirmação de que a comunidade muçulmana «europeia» funciona como uma quinta-coluna na Europa.

2 de agosto de 2008 às 13:38:00 WEST  
Blogger Caturo said...

Disturbingly, Brig Butler suggested the traffic between Britain and Afghanistan may flow in both directions, with some British Muslims returning from the region and posing a domestic security threat.
Brig Butler, 46, said he had seen evidence that terror groups based in southern Afghanistan were plotting with Muslim extremists in Britain to carry out terror attacks in the UK.
"There is a link between Kandahar and urban conurbations in the UK," said Brig. Butler. "This is something the military understands but the British public does not."


SE o público britânico não percebe, é porque os média não fazem o seu trabalho como deviam.

2 de agosto de 2008 às 13:54:00 WEST  
Anonymous Anónimo said...

Mas alguém tem pachorra para ler isto?

Foda-se, que grande seca.

2 de agosto de 2008 às 18:47:00 WEST  
Blogger Caturo said...

De facto, a leitura atenta e interessada não é para todos. Uns quantos mantém, e até desenvolvem, a capacidade de concentração e de leitura; outros, ficam-se pelas novelas e pela bola.

2 de agosto de 2008 às 18:53:00 WEST  
Blogger Treasureseeker said...

Já está respondido,Caturo.

Continuação de boas leituras.

2 de agosto de 2008 às 19:20:00 WEST  
Blogger Caturo said...

Também já respondi, cara amiga.

Saudações Literárias

2 de agosto de 2008 às 20:04:00 WEST  

Enviar um comentário

<< Home